Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Comeza a folga indefinida dos traballadores de Alcoa

Por 20 Xullo, 2020Sin comentarios

Hoxe comezou a folga indefinida dos traballadores de Alcoa San Cibrao, e que durará dependendo das negociacións que continúan para perfilar as condicións do ERE.

Así mesmo, instalaron na entrada da factoría unha carpa negra coa pancarta A Mariña sálvase loitando.

Por outra banda, esta é a derradeira semana para os traballadores xa que está previsto como último día o 24 de xullo prazo de finalización de consultaas do ERE.

O comité de empresa e a dirección retoman hoxe as negociacións en relación co ERE e despois haberá outras dúas, o mércores 22 e o xoves 23.

O comité pediu á multinacional que o amplíen en atención á particular situación da comarca da Mariña polo brote de covid-19. Aínda que Alcoa non se pechou a esa posibilidade, espera a que haxa avances nas consultas destes días.