Skip to main content
AMARIÑAXA

Endometriose e alimentación

Por 20 Xullo, 2020Sin comentarios

Por Noel López Pinín

Como profesionais da saúde, estamos orgullosos da labor que desempeñamos e como tales gústanos a continua aprendizaxe e actualización no traballo. Como outras veces comentamos, a alimentación non so serve para controlalo peso, se non que nos pode axudar en outros moitos aspectos. Por iso nesta ocasión falaremos de unha patoloxía que afecta a moitas mulleres e que incluso pode dificultar a perda de peso, estamos a falar da endometriose.

A endometriose é un trastorno xinecolóxico que afecta o 10% da poboación feminina en idade fértil e dáse cando o tecido interno da matriz se estende ao exterior do útero, chegando a localizarse en ovarios, intestino, estómago, aparato urinario, entre outros. Pode manifestarse de diferentes maneiras pero os síntomas mais habituais é unha dor pélvica acompasada coa menstruación, coas relación sexuais ou incluso coa micción. O maior inconveniente é que é unha doenza inflamatoria estróxeno-dependente de orixe descoñecida, por iso non existe un tratamento idóneo nin 100% efectivo.

Para mitigalos síntomas ou mellorar a calidade de vida das pacientes, os tratamentos solen ser mutidisciplinares, é dicir, convínanse tratamentos tanto farmacolóxicos como alternativos. Entre os segundos atopamos o control a través da alimentación, que en ocasión pode chegar a mellorar en gran medida esas dores asociadas.

Dende o punto de vista nutricional, existen certos alimentos que se deben reducir, xa que favorecen a inflamación  e en cambio potenciar outros, os cales a reducen.

Entre os alimentos inflamatorios están os lácteos, os froitos secos, os mariscos, os cítricos, a solla, o ovo, algúns vexetais como a cabaza, o pepino, o tomate e o aguacate, a as fariñas de trigo e sobretodo o alcohol. Estes alimentos débese reducir a súa inxesta, o motivo é porque son ricos en histamina, a cal está implicada na resposta do sistema inmune que pode desencadear así un proceso inflamatorio.

Entre os alimentos antiinflamatorios, e polo tanto beneficiosos no trastorno da endometriose temos os ricos en ácidos graxos esenciais como é o  peixe azul, os aceites de oliva, sementes, ou noces, ricos en vitamina D, champiñóns , setas, fígado ou  xerme de trigo e alimentos antioxidantes como froitas non cítricas, legumes ou cereais integrais. A clave está en levar unha dieta equilibrada, reducir o consumo de procesados e potenciar aqueles alimentos que son beneficiosos para a saúde das doentes.

Para todas as mulleres que buscan apoio, orientación sobre o tema ou atención individualizada, invítovos a que visites a páxina www.querendo.eu, trátase de unha asociación sen ánimo de lucro de mulleres afectadas por dita doenza.

Grazas un mes máis por leernos e espero que vos sirva de axuda, calquera dúbida xa sabedes donde podedes atoparnos.