Skip to main content
ActualidadeBarreirosSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Barreiros acollerá unha premier da película ‘María Solinha’

Por 21 Xullo, 2020Sin comentarios

A área de Cultura da Deputación de Lugo levará a estrea do filme María Solinha, dirixida por Ignacio Vilar, a  12 concellos da provincia.

“Queremos axudar aos creadores galegos a chegar ao máximo público  posíbel, pois na distribución enfróntanse a dous grandes retos: as dificultades para entrar nos circuítos comerciais e a falta de cines na  maior parte dos concellos de Lugo. Con esta iniciativa apostamos pola  cultura máis alá das cidades levando a estrea aos pequenos concellos da  provincia” explicou a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura,  Maite Ferreiro.

Xa están confirmadas 10 datas para as proxeccións, que se farán ao aire  libre, en espazos exteriores con asentos ubicados para asegurar a  distancia interpersoal requerida para a protección da saúde colectiva.

Na Mariña, o día 3 de agosto terá lugar unha premier coa participación do director, Ignacio Vilar, e as actrices Grial Montes e Laura Míguez. Tamén se proxectará en Xove pero a data está aínda sen determinar.