Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

O BNG celebra o día da patria baixo o lema ‘Construindo unha nova Galiza’

Por 21 Xullo, 2020Sin comentarios

Debido ás circunstancias sanitarias que estamos atravesando, o BNG organiza un Día da Patria Galega expansivo e descentralizado cun acto central en Santiago o día 25 ás 12.00 na Praza da Quintana, cunha estricta limitación de aforo e reducido só á cidade de Compostela e comarcas limítrofes, con inscrición previa. Desde A Mariña non se poderá asistir pois a este acto que si poderá ser visto na canle de facebook do Bng, conectándose a https://fb.com/obloque

Actos na Mariña

Despois de térense suspendido dúas datas de referencia na Mariña, debido á situación sanitaria,  como son a de Foz, cita lúdico-política e  gastronómica con exaltación do chicharro, produto local, e a de Barreiros, coñecida popularmente como “a bonitada do Bloque”, @s nacionalistas da Mariña desplegarán esta semana a bandeira da patria, de considerables dimensións que será portada por un máximo de dez persoas das respectivas localidades en diversos puntos da comarca, coa seguinte orde cronolóxica:

Martes 21, ás 19.00, no Dique Norte de Morás

Mércores 22, ás 16.00 na ponte da Misericordia, en Viveiro

Mércores 22, ás 19.00 no Castelo de Alfoz

Xoves 23, ás 17.00 na Ponte da Espiñeira (Barreiros-Foz)

Xoves 23, ás 18.00 en Burela, no caso de que remate o confinamento, senón non se fai.

Construíndo unha nova Galiza

“Nunha época complicada para Galiza e especialmente para a nosa comarca, o BNG reafírmase na convicción de que hai futuro para A Mariña, e nese futuro nosoutras seremos parte da solución, poñéndonos do lado d@s que están sufrindo esta crise económica, sanitaria e de emprego, como fixemos sempre e seguiremos facendo, máxime agora que temos unha ampla representación no Parlamento de Galiza e onde A Mariña terá voz propia co deputado Daniel Castro” afirmou a responsable comarcal Ana Ermida. “Entre todas construiremos unha nova Mariña nesta nova Galiza á que aspiramos”, rematou dicindo.