O Concello de Xove abriu o prazo de axudas ao estudo

O Concello de Xove vén de abrir o prazo para as bolsas e axudas ao estudo da presente convocatoria que teñen por obxecto atender a sufragar os gastos derivados de gastos de comedor, estancia e desprazamento. O prazo remata o 31 de xullo.

Os gastos de comedor son para estudantes de ensinos en centros públicos da comarca da Mariña que precisen comer fóra de Xove a causa dos seus horarios, cando ditos estudos, aos que se refiren as presentes bases, non sexan impartidos nos centros de ensino do Concello de Xove.

Os gastos de estancia son para estudantes universitarios en universidades españolas, estudantes de ciclos formativos que non existan na Comarca e estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores.

Os gastos de desprazamento son para estudantes que cursen Bacharelato ou ciclos formativos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela, cando ditos estudos non sexan impartidos nos centros de ensino do Concello de Xove e cando o seu horario escolar non sexa compatible co bus escolar municipal. Tamén poderán solicitalos os estudantes de ciclos formativos en centros da Mariña Lucense, agás os recollidos no punto anterior, os estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca, os de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de encinos deportivos, profesionais e superiores e os universitarios en universidades españolas.

As axudas a estancia serán incompatibles con outras axudas estatais ou autonómicas da mesma modalidade e as de desprazamento serán incompatibles coas axudas ao estudo do Concello de Xove na modalidade de transporte mediante o sistema de bonobús, agás naqueles casos nos que este bonobús non cubra a totalidade do traxecto.

As persoas interesadas na concesión dunha axuda deberán cumprir o requisito de empadroamento e residencia efectiva no Concello de Xove. A renda per cápita familiar non poderá superar en axudas ao comedor a renta per cápita.

Para ter dereito ás axudas para gastos derivados de estancia e de desprazamento, os estudantes de bacharelato e de ciclos formativos deberán ter superado como mínimo o 50% das asignaturas matriculadas, e no caso de estudantes universitarios, de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores, o 65% dos créditos matriculados

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: