Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Seminario de Estudos Terra de Viveiro promove un torneo de Brawl Stars

Por 21 Xullo, 2020Sin comentarios

O Seminario de Estudos Terra de Viveiro retoma a marca Mocidade RecreActiva e organizará unha competición online seguindo da forma máis rigurosa as recomendacións sanitarias para evitar o contacto presencial.

Trátase dun torneo de Brawl Stars, un xogo gratuito para móviles, non violento, e moi popular entre a rapazada, no que participan equipos de tres xogadores. A competición desputarase integramente o sábado 1 de agosto a partir das 17.00 horas.

Os gañadores do torneo levaranse vales de compra para gastar no Centro Comercial Histórico de Viveiro, sumando un total de 180 euros repartidos entre os nove xogadores dos tres primeiros equipos clasificados.

A final retransmitirase por YouTube na canle de Juegos ADN (Red ADN), sitio web especializado en videoxogos. A competición xestionarase a través da citada web, onde está habilitada unha páxina con toda a información e inscripcións: https://redadn.es/torneo-online-brawl-stars-mocidade-recre…/

Para calquera dúbida e axuda nas inscripcións, contactar por email: setviveiro@gmail.com.