Skip to main content

Beetle Judge é unha banda ribadense que xurdiu no Nadal do ano 1996, no que catro amigos de apenas 16 anos xuntáronse para misturar esa paixón pola música rock. Diego está á fronte da batería, Héctor coas voces, Mario é o guitarra solista e encárgase dos coros, Cherry do baixo e dos coros e David Kaba é un guitarrista rítmico.

Algún deles estudiaban xuntos e aproveitaron que os seus irmáns maiores xa escoitaban rock, para trasladarlles ese gusanillo por este estilo musical.

Comezaron a tocar a guitarra e por suposto, coma calquer neno intentar formar unha banda cos teus amigos, “xa o intentábamos no colexio Mario e máis eu. Dimos o noso primeiro concerto baixo o nome de Os Toxos diante de todos os alumnos e pais de 7º de EXB”, di Cherry. Tamén formaban parte da Banda sinfónica municipal de Ribadeo o que lles deu unha formación básica para empezar a tocar os instrumentos e decantarse neste caso polo baixo e a guitarra, respectivamente.

Para ese nome tan peculiar decidíronse despois de baraxar un milleiro de nomes pero coincidiu que a todos os integrantes da banda lles gustaba a imaxinación de Tim Burton e a súa película Beetle Juice, e por iso decidiron chamarse así, mágoa que tiveron que cambiar unha letra do nome ao editar o disco por temas de copyright.

As primeiras ocasións en que se xuntaban para tocar lémbranas con moito cariño, xa que era unha sensación de liberdade absoluta “que era difícil de acadar con calquera outra cousa, o feito de xuntarnos con 16 anos e logo tan rápido comenzar a viaxar e facer unha xira por todo o territorio español cun disco baixo o brazo (todo isto en menos de dous anos) facía que estiveras como nunha nube todo o tempo”, comentan.

Nun primeiro momento ensaiaban nos baixos da casa do batería na rúa San Roque pero máis tarde tiveron que marchar para Vilaselán, onde a comunidade de veciños cedeulles a escola vella da parroquia, aínda que hoxe en día están a ensaiar na parroquia das Anzas onde por sorte teñen un local de ensaio para todos os grupos de Ribadeo.

A primeira actuación é algo que un nunca esquece é no caso de Beetle Judge foi no mítico pub de rock alternativo de Ribadeo, o Comic. “Estaba a reventar de xente que saiu encantada do concerto, e amosaronos o seu apoio dende o principio”, lembran.

Pouco despois, no 97, José Carlos Díaz ofrécelles a oportunidade de gravar unha maqueta Masters of lost galaxie, e a partir deste punto e unha serie de acontecementos fixeron que a Beetle Judge abríranselle moitas portas.

Máis tarde presentaron a maqueta ao concurso dos 40 principais en Oviedo e proclamánronse gañadores e entraron a gravar o seu primeiro disco Sons of the acid machine coa discográfica avilesina Norte e Sur records. Ademais aproveitaron para gravar o seu primeiro vídeoclip da canción Black art, producido por Jose Carlos Díaz e ángel Sanz. A partir deste punto comezaron unha xira de actuacións compartindo escenario con bandas como Hamlet, Dream Theater ou sendo teloneros de grupos como Los Suaves e Siniestro total.

A súa música son composicións propias, “nunca fumos moi amigos de meter moitas versións de outros grupos en directo, e xa dende o principio optamos por composicións propias”. A súa produción musical foi cambiando co paso do tempo e según o grupo foi acadando maior madurez musical, “ao principio era unha música rock quizás máis directa e orientada o space rock influenciada por grupos como Stooges, Monser magnet ou Jane´s addiction e todo elo aliñado coa imaxinación das películas de serie B dos anos 50”, relatan. De feito, o primeiro disco está adicado a Ed Wood, director deste tipo de películas como La novia del monstruo ou Plan 9 del espacio exterior. Hoxe en día o grupo fai música “máis densa e máis elaborada, tamén mais cercana ao que fan grupos como Tool”, din.

Agora mesmo están en proceso de presentar o novo album despois de case 20 anos sen editar nada. O disco irá acompañado dun documental sobre a historia da banda desde os comezos ata o presente e do cal estase a encargar a productora de Lugo 60 ráfagas, que conta con varios premios internacionais por produccións audiovisuais, “están facendo un traballo abraiante e cremos que é o complemento perfecto para acompañar a saída do novo disco”.

Ademais da música, estes rapaces adícanse a outras profesións, que as veces non teñen que ver, pero a ilusión pola música segue a ser a mesma.