Skip to main content
BurelaZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Xa se coñecen os nove finalistas da 4ª edición do certame Amarte de Burela

Por 22 Xullo, 2020Sin comentarios

Desde a Concellería de Cultura anunciaron hoxe os finalistas da cuarta edicion do Certame de Pintura Mural Amarte 2020, que se vai celebrar no muro portuario entre os próximos 30 de xullo e 2 de agosto.

Como novidade, e segundo explicou o concelleiro de Cultura, José Diaz, “este ano temos 9 finalistas, adoitaban ser 10, pero este ano van ser 9. Isto débese á cantidade de murais que nos quedan, que son os xustos para que poida haber 4 edicións máis, contando esta, de Amarte, senón dar para menos, así que reducimos nun os finalistas, e así dan as contas”.

Entre os participantes so repite un do ano pasado, e o resto acuden por primeira vez. José Díaz opina que “os novos participantes dan posibilidades de novos estilos, enriquece a parte artística do noso muro. Con este ano teremos 42 cando terminen de pintar. 42 pinturas no muro e dentro de 3 anos máis se completará esa longa extensión que tiñamos de lenzo en branco, como dicimos”.

O edil burelés contou que “os novos participantes dan posibilidades de novos estilos, enriquece a parte artística do noso muro. Con este ano teremos 42 cando terminen de pintar. 42 pinturas no muro e dentro de 3 anos máis se completará esa longa extensión que tiñamos de lenzo en branco, como dicimos”. E recalcou a importancia de ter nesta nova edición a dúas mulleres que se van subir aos andamios de Amarte.

José Díaz sinalou que “a partir das 10 da mañá do xoves 30 de xullo empezarán a traballar os pintores, os 9 seleccionados, e farano de 10 da mañá a nove da noite o xoves, venres e sábado. O domingo só ata as 12 da mañá, que é cando pasaremos a confirmar quen son os gañadores do primeiro premio, do segundo, o terceiro e o mellor artista local. Neste último caso, un dos 3 aos que antes me refería dos concellos da Mariña”.

O concelleiro de Cultura referiuse á situación orixinada polo rebrote de coronavirus e remarcó a seguridade coa que se vai celebrar o certame: “pensamos que se pode desenvolver dunha forma segura, porque tampouco é un evento festivo, senón que é un traballo. Eles son profesionais da pintura que están a desenvolver o seu traballo nunha gran extensión lineal de aproximadamente 60 metros no muro, separados por unha distancia oportuna e coas súas máscaras e cun espazo para gardar as súas cousas nunha nave preto do muro que tamén é moi extensa e que permite manter esa distancia de seguridade que se require para facer un certame seguro”.

Díaz engadiu: “evidentemente non imos prohibir que a xente se achegue pola zona portuaria, que ademais é unha extensión moi ampla. Para nada ímolo a prohibir, pero tampouco a imos a convocar, senón que a xente que se queira achegar ou pasear por aí claro que si, que o faga, pero cumprindo as medidas de seguridade. Desta forma creo que o certame se desenvolverá estes 4 días dunha forma tranquila e segura. Por outra banda, tamén é algo bo para a Mariña en xeral por todo isto que pasou co Covidy en particular para Burela. Creo que necesitamos de algo un pouquiño que nos alegre o espírito, a alma e a vista, neste caso, con todas estas cousas que estamos a vivir e que non son fáciles para ninguén e isto vai facer que teñamos uns días de entretemento”

Esta 4ª edición do Certame tamén se podrá seguir desde a redes sociais e o xurado estará formado por xente vinculada ao mundo da Cultura: “como presidente do xurado teremos ao gañador da edición do ano pasado e imos tentar que sempre sexa así no caso de que ese gañador, como pasa este ano, non participe na edición presente, e neste caso será David Catá, que gañou o ano pasado quen presida o xurado e compoñerano 5 persoas vinculadas á arte e á cultura”.

O edil burelés dixo: “espero e confío polos bosquexos que puiden ver, que son preciosos, van gustar á xente. É algo que sempre gusta aos veciños e visitantes, e este ano manterase o nivel ou mesmo subirá. Esperar que todo se desenvolva tranquilo e que tamén teñamos cousas culturais e artísticas, que velemos por elas e porque se poidan facer, porque tamén son alicerce fundamental da nosa cultura e do que somos”.