Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Otero di que “acabáronse as excusas para que Alcoa ceda paso ao inversor interesado”

Por 23 Xullo, 2020Sin comentarios

A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, Patricia Otero advertiu “acabáronse as excusas para que Alcoa ceda paso ao inversor interesado na adquisición da planta. Polo tanto a Xunta ten que paralizar hoxe mesmo o ERE, e Alcoa iniciar as negociacións para a venda co inversor que ten intención de adquirir a planta de San Cibrao”.

A dirixente socialista fixo este afirmación tras coñecer o comunicado dos sindicatos que, a través das Federacións de Industria de UGT e CCOO informaron de que existe un inversor con recoñecida solvencia, que está interesado na planta de Alcoa en San Cibrao. “Agora xa non hai excusas para que Alcoa inicie de inmediato conversacións con este inversor, e faga posible a venda e asegure os postos de traballo”, dixo Otero.

“Dende o PSdG entendemos que estamos diante a posibilidade real de dar cunha solución, ante a ameaza de peche e despedimento de centos de traballadores. Todas as administracións, xunto co Comité e os sindicatos, deben actuar unidos para que a empresa deixe atrás a súa intransixencia e acceda á venda para garantir a sostibilidade do emprego. Non podemos consentir que unha empresa que recibiu centos de millóns de recursos públicos rexeite a opción da venda, e xogue co emprego e co futuro da Mariña”, remarcou a secretaria provincial.

E insistiu nas súas criticas “sería intolerable que a Xunta de Galicia siga un día máis sen apoiar a venda da empresa e dea ás costas aos intereses dos traballadores. Agora a responsabilidade do Goberno de Feijóo é paralizar o ERE, e non pode eludila”.

Arrimar o ombreiro

Polo tanto “chegou o momento de arrimar o ombreiro, deixar atrás os intereses partidistas que condicionaron a actuación da Xunta e sumar esforzos co Goberno e os traballadores. A solución esta enriba da mesa coa confirmación de que existe un inversor con solvencia. Sería unha irresponsabilidade desperdiciala”, resumiu.