Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

O PP de Lugo di que “a Xunta fai todo o posible para atopar unha solución para Alcoa”

Por 24 Xullo, 2020Sin comentarios

O Partido Popular de Lugo manifesta que “a Xunta de Galicia, está a facer todo o que ten ao seu alcance para atopar unha alternativa que garanta o futuro dos traballadores de Alcoa San Cibrao”. Neste senso, explican que o Goberno galego como autoridade laboral “se ten posto a completa disposición dos traballadores para traballar na mediación solicitando a prórroga do período de consultas do ERE para acadar unha solución, prórroga que se acaba de anunciar ata o 4 de agosto, un tempo que será clave para avanzar na negociación”.

Os populares lucenses din que “a Xunta vén de requirir por terceira vez ao Goberno a través de escritos aos ministerios de Industria e Transición Ecolóxica que lle informe sobre cales son as medidas que ten previsto aprobar para encontrar unha solución aos problemas actuais da industria electrointensiva”. Están convencidos de que “como sempre o Goberno so intenta enganar buscando escusas e culpables en lugar de traballar xuntos nunha solución que depende de que fixe un prezo eléctrico competitivo ou que interveña temporalmente a planta mentres o aproba”. En concreto a Xunta de Galicia  solicitou:

Ao Ministerio de Industria a proposta e posterior desenvolvemento dun plan industrial para a fábrica de San Cibrao, anunciado polo propio Ministerio hai un mes, así como os detalles e o calendario previsto para a entrada en vigor do Estatuto para os consumidores electrointensivos.

No caso do Ministerio para a Transición Ecolóxica, pídeselle de novo información sobre a convocatoria da poxa de interrompebilidade para o segundo semestre do ano.

“Estas son as claves para evitar os despedimentos na factoría de Alcoa en San Cibrao e garantir o mantemento da produción de aluminio primario, todo o demais é enredar e enganar aos traballadores”, conclúen os populares.