Skip to main content
Actualidade

A provincia aumenta o número de casos de covid-19 tras un novo brote no Saviñao

Por 26 Xullo, 2020Sin comentarios

Tras varias xornadas á baixa, o número de casos activos na provincia de Lugo experimentou un crecemento nas últimas 24 horas motivado pola alta porcentaxe de casos novos nun brote detectado no Saviñao. Aínda así foron once casos novos os detectados nas últimas 24 horas, cifra que se viu rebaixada no total de activos ao darse seis altas.

Deste xeito hoxe hai 85 casos activos, cinco máis que onte dos que dous están hospitalizados na Mariña e o resto en domicilio. Este crecemento de casos prodúcese polo brote detectado na zona do Saviñao tras unha reunión familiar. Ata o de agora os casos no son graves e non necesitou ninguén ingreso no hospital. Malia a situación, espérase que o número de casos continúe aumentando nos próximos días.

Mentres, na Mariña o número de casos segue á baixa. Sitúase en 51, cifra igual á de onte, tras 1 alta e 1 caso novo, logo das 185 PCR realizadas nesta última xornada. Dos 51 casos activos, a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. Nestes momentos hai 338 persoas en seguimento domiciliario, 1 máis que onte.

GALICIA

Por outra banda, o número de casos activos en Galicia aumentou de novo con 21 casos novos, situación que vén marcada polo crecemento en Lugo, que seuge a ter a maior porcentaxe de afectados da comunidade autónoma. Así este domingo hai 217, deles 59 son da área da Coruña, 85 da de Lugo, 6 da de Ourense, 19 da de Pontevedra, 35 da área de Vigo, 13 da de Santiago, e ningún da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 11 en unidades de hospitalización e 205 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.220 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

Pero non só soben en Lugo tamén aumentaron os contaxios na Coruña, ata 59 (+7); en Pontevedra, ata 19 (+4); en Santiago, a 13 (+2); e en Vigo, ata os 35 (+3).