Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Esta semana comeza a limpeza dos contenedores verdes de Ribadeo

Por 27 Xullo, 2020Sin comentarios

O Concello de Ribadeo realiza durante esta semana a limpeza dos contedores verdes tanto no casco urbano como nas parroquias.

Segundo explica o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, “este é un contrato por 3 anos, que inclúe 1900 lavados ao ano, fraccionado en catro momentos puntuais que tamén se poden modificar tendo en conta a necesidade de limpeza dos contedores. Adoita estar estipulado previamente á Semana Santa, en xullo, en agosto e previo ao Nadal, tanto no casco urbano como en todo o concello, nas parroquias”.

O edil ribadense declarou que “este traballo no se puido iniciar antes por mor do covid. Ademais tivermos que facer un lavado extra por mor da pandemia do coronavirus en maio. Imos seguir coa implantación deste tipo de lavados e dicir tamén que hai un incremento  de lavados con respecto aos que realizaba a anterior empresa”.

Díaz Freije pediu disculpas polas molestias que se poidan ocasionar con estas tarefas: “pode causarse algunha molestia, así que pedimos disculpas de antemán”. 

Jorge Díaz tamén fixo un chamamento a veciñanza e lembroulles a importancia de tirar o lixo cara as 9 da noite, especialmente estes días de temperaturas tan elevadas: “como sempre por mor destas temperaturas que estamos a ter, tirar o lixo por favor a partir das 9 da noite. Iso é vital porque con estas calores unha bolsa de lixo todo o día ao sol ocasiona uns cheiros tremendos. Procurar que se faga así e se tire a última hora da tarde”.