Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viveiro retoma no mes de agosto ‘De Ruada’

Por 27 Xullo, 2020Agosto 5th, 2020Sin comentarios

O Concello de Viveiro, a través da concellaría de Cultura, retoma no mes de agosto ‘De Ruada’, un novo proxecto que aposta pola cultura de rúa e polo factor sorpresa como medida anti aglomeracións.

‘De Ruada’, co slogan ‘cultura de rúa para a xente das rúas’, tivo que aprazarse no mes de xullo polo rebrote de coronavirus na Mariña e terá lugar os sábados do mes de agosto polas estradas de Viveiro, Celeiro e Covas. Cun formato de pasarrúas, pretende que a cidadanía se atope coa música por sorpresa garantizando a distancia social.

A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, tras verse na obriga de recolocar os espectáculos de gran formato para o ano próximo e mantendo o compromiso coa cultura e o sector cultural que manifestara durante o confinamento, ven de propor unha alternativa para continuar coa programación cultural do concello, mentres non se retoma a nova normalidade cultural prevista para o outono deste ano.

Así naceu ‘De Ruada’, un proxecto pioneiro que explora outros formatos de facer cultura, de entreter e manter a tradición dunha programación cultural sólida e de calidade no municipio.

“Tendo sempre en conta as recomendacións sanitarias e a necesidade de preservar a saúde, temos que manter a actividade cultural e de ocio durante agosto, polo que apostamos por esta iniciativa de animación das rúas; será unha gran sorpresa para todos”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

Para o mes de agosto apostouse pola cultura galega e feita en Galicia, da man de grupos como La Mala Vida, Latexo Percusión, Tempus Fugit, Cantos de Taberna e Joni Ramos; que ofrecerán a viveirenses e foráneos unha programación que mixtura os ritmos e instrumentos tradicionais con proposta máis vangardistas e ritmos de swing, jazz e rock&roll.

Ao marxe desta iniciativa, o concello traballa nunha programación alternativa para as datas de agosto nas que Viveiro celebra todos os anos as súas festas, respectando sempre as recomendacións e protocolos sanitarios.