Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O BNG insta a actuar na contorna do paseo fluvial do río Landro

Por 29 Xullo, 2020Sin comentarios

No paseo fluvial do río Landro que está incluído na Rede Natura 2000 e na Zona de Especial Conservación (ZEC), “existen diferentes puntos de vertido de augas residuais, un deles ubicado na zona do campo da festa de Xunqueira no que ademais se están a acumular plásticos, entre outros residuos, nas xunqueiras e beiras do río”, din dende o BNG de Viveiro.

Tamén se pode observar claramente a expansión de especies foráneas e invasoras, principalemente eucaliptos e cortadeiras selloanas, popularmente coñecidas como “pampas” ou “plumachos”, que están a ser unha clara ameaza para ás árbores autóctonas e a biodiversidade deste espazo de especial conservación.

Por iso o  BNG pide á alcaldesa de Viveiro que realice unha mellora medioambiental na contorna do río Landro mediante a localización e eliminación dos puntos de vertido de augas residuais e se proceda, de xeito gradual, á eliminación de especies foráneas por outras autóctonas.