Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXATrabadaZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Trabada vén de presentar un proxecto para mellorar a accesibilidade á residencia

Por 29 Xullo, 2020Sin comentarios

O Concello de Trabada vén de presentar un proxecto de mellora da accesibilidade á residencia de Trabada, xa que na rúa na que actualmente está ubicada posúe unhas beirarúas en moi mal estado e sen rebaixes peatonais debido a súa antigüedade.

Preténdese, mellorar estas deficiencias para as cales proxéctase a demolición das beirarúas existentes e a posterior pavimentación das mesmas mediante a colocación dunha baldosa prefabricada de textura pétrea sobre a base de formigón existente nas beirarúas.

Tamén se colocou un bordillo prefabridado de formigón e se executará unha rígula de formigón in situ de 30 cm. de ancho. Por outra banda, coa finalidade de mellorar a seguridade viaria estableceron a circulación en sentido único.

A outra actuación que se proxecta é a construcción dunha beirarúa pola marxe esquerda da localidade de Ría de Abres. Na actualidade esta beirarúa atópase executada cunha capa de zahorra de canteira con bordillo colocado.

As obras consistiron no afirmado da beirarrúa cunha capa de 12 cm. de formigón HM-20 para posteriormente pavimentar a mesma cunha baldosa hidráulica.

Todas estas obras ascenderon a 42.377,05 euros financiados coa achega da Deputación de Lugo.