Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Bernardo Fraga presentará tres importantes rogos no Pleno de Viveiro

Por 30 Xullo, 2020Sin comentarios

O portavoz do Grupo Municipal de Por Viveiro, Bernardo Fraga Galdo, vén de presentar ao Pleno unha serie de rogos e preguntas para o seu debate.

A primeira é que a rúa Pastor Díaz desprende “un cheiro importante na zona entre a Fontenova e a Zapatería, provocado polo alcantarillado municipal”, di. Numerosos veciños e comerciantes da zona, amosan as súas queixas pola situación que provoca a incomodidade dos veciños e visitantes. Por isto que rogan equipo de Goberno que poña fin a esta situación realizando as obras necesarias para a súa reparación. 

O segundo rogo é que a piscina municipal continúa pechada dende o mes de marzo e as instalacións municipais en servicios mínimos e coa maioría dos empregados utilizando o teletraballo.

“A día de hoxe, a inmensa maioría dos comercios e empresas locais están abertos e funcionando  tendo en conta as medidas de seguridade establecidas pola alerta sanitaria, e moitas piscinas do entorno abertas ao público coas pertinentes restriccións”, di Fraga. 

É por isto que piden ao Goberno local que informe de que previsión ten de apertura da piscina así como a previsión de reincorporación da plantilla municipal aos seus postos de traballos físicos. 

A terceira cuestión é a rúa do Porto en Celeiro na que existen uns graves problemas de apracadoiro, esta “situación é derivada da ausencia de atención na zona por parte de Portos de Galicia, responsable da zona”, explica Fraga, “existe unha zona de estacionamento, actualmente en liña, frente ao edificio de recente construción que é ocupada por contedores do lixo e por 4 vehículos como máximo”. 

“Na citada zona está pendente dende fai anos a execución da urbanización así como a pavimentación e dotación de mobiliario público da zona, e a posición definitiva dos contedores do lixo”, continúa dicindo Fraga, por iso dende Por Viveiro, propoñen a dotación de aparcadoiros en batería nesa zona, o que suporía conforme aos seus cálculos unhas 10 prazas.