Mariña Patrimonio prepara unha charla co arqueólogo Felipe-Senén López

Mariña Patrimonio está a organizar unha videoconferencia para ser difundida o vindeiro venres 31, ás 19.30 a cargo de Felipe-Senén López Gómez.

Esta charla impartida polo coñecido arqueólogo e museólogo e quen foi durante vinte dous anos responsable do Museo Arqueolóxico da Coruña, falará do patrimonio cultural de Galicia e o seu estado.

Segundo anuncia, “pasearemos pola interacción que supón a cultura, a simbiose das artes. Patrimonio ideolóxico ou inmaterial, inmoble e moble, o estado actual en relación con países que consideramos modélicos…a potenciación dos centros de recepción de visitantes. Continentes arquitetónicos que implican canto pode necesitar o visitante antes de internarse no patrimonio: servicios, gastronomía, información, merchandaise, interpretación do monumento e museo…”

O enderezo electrónico para acceder é: https://es-es.facebook.com/marinhapatrimonio , onde, á hora indicada, poderase asistir en directo ao interesante relatorio.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: