Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O PP reclama a reparación da estrada municipal de Pardiñás, en Viveiro

Por 30 Xullo, 2020Sin comentarios

“O mal estado das estradas xera risco para os usuarios e incide negativamente na actividade económica, ademais de danar a imaxe da institución da que dependen e provocar múltiples incomodidades aos veciños”, din dende o PP de Vievri. Un destes casos é o da pista municipal de Pardiñás, en Covas-Viveiro.

O grupo popular esixe ao goberno local que “deixe de discriminar aos veciños que precisan usar a citada pista para chegar ás súas casas e ás súas fincas e adopte as medidas necesarias para executar as xa inaprazables obras de mellora desta estrada”.

O grupo que ten por portavoz a Óscar Rodríguez presentará un rogo no próximo pleno para reclamar “a reparación da estrada local que é o principal acceso ao lugar de Pardiñás, en Cova”, que se atopa en moi malas condicións, polo que crea inseguridade;  en varios tramos está intransitable”. Os populares demandan tamén o desbroce das beiras da estrada, así como a adecuada sinalización horizontal e vertical da vía.

O grupo municipal popular recorda que, “con carácter xeral, as actuacións ordinarias de conservación e mantemento das pistas e estradas do municipio deberán ser executadas polas entidades locais, en aplicación da sentencia do Tribunal Supremo nº 1962/2017 que interpreta o artigo 28.4 da Lei 10/2201, de 5 de xullo, entre outras,  no sentido de declarar que corresponde aos Concellos a realización de actuacións de mantemento e limpeza dos viais públicos”. Igualmente indican que as estradas, que forman parte do  dominio público, “constitúen un servizo de vital importancia para asegurar a libre circulación dos cidadáns; a  Administración titular da vía é responsable da súa construción cando se determine a súa necesidade, así como do seu posterior mantemento e conservación”. Lembran que “a competencia municipal en materia de vías públicas alcanza tanto ás urbanas como ás rurais e as entidades locais están obrigadas a mantelas en bo estado de conservación”.  O grupo popular considera que queda claro, polo tanto, que o goberno municipal de Viveiro incumpre as obrigas propias do Concello no caso da pista de Pardiñás, e esixe que se adopten de inmediato as medidas precisas para reparala.