Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Unha paciente denuncia que o Sergas dalle a alta pese a ter síntomas de covid-19

Por 30 Xullo, 2020Sin comentarios

Unha paciente denuncia que o Sergas négase a facerlle unha PCR de control antes de incorporarse á sua vida laboral a pesar de que sigue a manter algún dos síntomas da Covid 19.

A paciente contaxiouse no pasado mes de xuño e comezou a ter síntomas da enfermidade. Trala primeira PCR é dada de baixa e comeza a ser seguida polos servizos sanitarios da comunidade asturiana, por residir no límite entre comunidades. Cando pasou a ser seguida polo Sergas comezou a ter problemas co seguimento epidemiolóxico, xa que tivo que ser ela mesma a que se puxo en contacto con ditos servizos para indicarles que ninguén seguía o seu caso.

Recentemente, a principios do mes de xullo o Sergas pretende dala de alta, tras pasar o período de confinamento, sen repetirlle a PCR de control e mantendo síntomas da enfermidade. Foi a insistencia da paciente e a súa responsabilidade, pois traballa en contacto con moitas persoas, e a denuncia nos medios de comunicación escritos e audiovisuais os que finalmente conseguiron que se lle realizara a segunda proba de control, que foi positiva.

Pasado outro período de corentena, a muller solicita de novo a realización dunha proba de control antes da súa incorporación laboral. A petición é denegada polo Sergas, alegando que mudou o protocolo e que a paciente segue a ter síntomas que desde o Sergas cualifican como “residuais”.

Desde a Plataforma Sanitaria esixen que cumplan coas normas máis elementales de prevención epidemiolóxica e que se deixen de “aforros miserentos”, que o único que conseguirá é contribuir á expansión do virus. Demandan desde este colectivo que se garanta a negatividade nas probas diagnósticas para covid-19 antes da incorporación laboral das persoas contaxiadas, “pois sabemos que non todas as persoas tardan o mesmo tempo en negativizar e consideramos primordial protexer á poboación; isto é o mellor cheque sanitario con que poden agasallar á poboación”, engaden dende a Plataforma Sanitaria.