A lingua galega, desaparecida no Concello de Viveiro segundo o BNG

O BNG denuncia que o Concello de Viveiro está a excluir de maneira sistemática a lingua galega na totalidade das suas áreas e ámbitos, tanto en declaracións institucionais, como en regulamentos, concellerias, cartaces, panfletos e paneis informativos, videos promocionais, difusión de mensaxes institucionais, documentación dos plenos e comisións informativas, ordes do día, propostas, atencións en xeral… e un longo etcétera.

Cómpre lembrarlle ao Goberno de Viveiro que están a incumprir o Estatuto de Autonomía de Galiza no que seu artigo 5 di:“a lingua propia de Galiza é o galego”, e que os poderes públicos de Galiza garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas potenciando o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa. Así mesmo, a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, indica no seu artigo 4.1 que “o galego, como lingua propia de Galiza, é a lingua oficial das institucións da comunidade autónoma, da súa administración, da administración local e das entidades públicas dependentes da comunidade autónoma”.

Do mesmo xeito, empregando só o castelán están a incumprir o apartado c) do artigo 13 da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias no que se rexeitan as prácticas que tendan a desmotivar o uso das linguas rexionais ou minoritarias no marco das actividades económicas ou sociais.

Desde o BNG solitamos á alcaldesa María Loureiro, que deixe de excluír o galego en todos os ámbitos do Concello e que cumpra a normativa vixente en materia lingüística, lembrandolle da existencia dun Servizo de Asesoramento Lingüístico aos Concellos (SALC) dependente da área de Cultura da Deputación de Lugo con esta finalidade.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: