Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

As guerreiras estrearán a liga 2020-2021 o 5 de setembro

Por 31 Xullo, 2020Sin comentarios

Os equipos sénior do Pescados Rubén Burela FS coincidirán no inicio de liga. As Guerreiras tamén estrearán 2020-21 o 5 de setembro. Así o deu a coñecer onte a Real Federación Española de Fútbol, ratificando os calendarios de Primeira e Segunda Feminina, Segunda B e División de Honra Xuvenil, e advertindo que, se as circunstancias derivadas da Covid-19 o impiden, poderán variar nun plan alternativo. 

Coa volta ao parqué de Vista Alegre o 10 de agosto, as actuais campioas de Supercopa de España e liga terán por diante 26 días de intensa pretempada para volver a gozar da emoción da competición. 

No pleno do Comité Nacional de Fútbol Sala, a RFEF aprobou as Normas de Competición, as Bases de Competición e os calendarios que faltaban por facerse públicos.

Data de inicio de 1ª División Feminina: 5 de setembro

Data de inicio de 2ª División Feminina: 3 de outubro

Data de inicio de 2ª División B: 26 de setembro

Data de inicio de DHX: 26 de setembro