Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Burela renderá homenaxe ao bonito e á xente do mar este sábado

Por 31 Xullo, 2020Sin comentarios

Burela celebra este sábado 1 de agosto una xornada de lembranza á Feira do Bonito e unha homenaxe á xente do mar, dentro das restricións impostas pola nova normalidade.

Segundo declarou o alcalde de Burela, Alfredo Llano, “estase achegando ao día 1 de agosto, que era o marcado para celebrar a Feira do Bonito, pero coas circunstancias que xa son coñecidas e recoñecidas, xa non vamos a redundar nelas, vamos tratar de lembrar polo menos o día da celebración da Feira do Bonito cun acto moi pequeniño, pero que é moi notorio e supoño que nos vai servir para facer unha homenaxe á xente do mar, á pesca e aos actos pesqueiros en xeral”.

Alfredo Llano explicou que “o sábado ás 12 da mañá, tiñamos previsto facelo á unha e media da mañá, pero vamos facela as 12 para favorecer que veña xente ata alí. Vai ser as 12 do medio día. A esa hora vamos a izar a bandeira azul no barco museo Reina del Carmen e alí faremos unha pequena homenaxe á xente do mar”.

Ademais do izado e da homenaxe a xente do mar, tamén haberá outras actividades: “despois hai que dicir que tamén puxemos, e que queda moi ben, na Casa da Cultura unha serie de carteis grandes de diferentes edicións da feira do bonito. Esa exposición vai estar durante uns días. É agradable ver os carteis alí colgados, e que tamén lembran as diferentes edicións que se foron facendo da Feira do Bonito”.

O rexedor tamén fixo referencia ao certame de pintura Amarte: “hai que ter en conta que tamén paralelamente se vai a celebrar o concurso de pintura Amarte, que xa comeza hoxe, entón van estar alí facendo as pinturas, que tamén vai ser unha cuestión bonita, vai quedar ben esa estampa de ver cómo pintan espectacularmente unha serie de debuxos que quedan preciosos e que van completando pouco a pouco o que é o muro do porto”. E dixo que “tamén haberá outras actividades preparadas por Ledicia”.

Llano García engadiu que “entre todos en conxunto consigamos que o 1 de agosto sexa polo menos unha lembranza da Feira do Bonito, do que tiña que ser, e ter presente este día en Burela. Pero a ver si vai todo a mello, esperemos que sexa así, e cando pase celebralo dobremente na vindeira edición”.

A exposición de carteis da Feira do Bonito foi visitada polo alcalde, que estivo acompañado pola presidenta de Ledicia, Rocío Rivera, e polo concelleiro de Cultura, José Díaz.