#DegustaAMariña rende homenaxe ata o 2 de agosto ao bonito de Burela

A campaña #DegustaAMariña rende homenaxe do 31 de xullo ao 2 de agosto ao bonito, na fin de semana na que tería que celebrarse a Feira en Burela. 

O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, dixo que “o que estamos a facer deste o 24 de xullo é lembrar e homenaxear ás festas gastronómicas da comarca que este verán foron canceladas. Primeiro foi a pescada do pincho e agora facémolo co bonito. O que pretendemos ademais é fomentar o consumo dos produtos de tempada desta zona que todos os bares, mesóns e restaurantes teñen nas súas cartas”.

Paleo anima “á xente da comarca e aos turistas que nos visitan a saborear e a disfrutar dos produtos do noso mar e da nosa horta. O que tentamos é potenciar o seu consumo durante as fins de semana ata finais de agosto. E que cada persoa que deguste pescada, bonito, marisco, etc… colgue as súas fotos en Instagram empregando o hastag #DegustaAMariña e describa brevemente a súa experiencia gastronómica”. Os locais hostaleiros da comarca tamén colgan nas redes as súas elaboracións “para abrir boca entre todos os seus seguidores e seguidoras nas redes sociais”. 

A campaña #DegustaAMariña prolongarase ata finais do vindeiro mes de agosto. Colaboran coa FCAM: a Mancomunidade de Concellos da Mariña, a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo. 

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: