Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

O comité de empresa de Alcoa di que Liberty House está interesado nas plantas

Por 31 Xullo, 2020Sin comentarios

O comité de empresa de Alcoa di que Liberty House está interesado nas dúas plantas de San Cibrao. A directiva de Alcoa trasladou aos traballadores que recibiran unha carta da empresa británica propoñendo a compra.

O grupo inglés que xa ofertou polas fábricas de Coruña e Avilés, pretende facerse coa factoría cervense na súa totalidade, a de aluminio como a de alúmina. Pero Alcoa tan só estaría interesada en vender a parte de aluminio xa que da parte de alumina tan só posúe o 60%  porque o restante é propiedade da compañía australiana Alumina Limited.