Foz terá sete actuacións musicais na rúa esta fin de semana

Esta fin de semana en Foz haberá sete actuacións musicais nas rúas da vila esta fin de semana, desde hoxe, venres, ata o domingo.

Na tarde noite de hoxe a partir das 21:00 horas no paseo da praia da Rapadoira tocará o Combo da Escola de Música de Foz.

Mañá, sábado, 1 de agosto haberá catro actuacións: ás 13:00 horas na rúa Álvaro Cunqueiro estará o DJ Popy García, ás 13:30 horas na zona de As Torres actuará o grupo Carta de Ajuste; e ás 21:30 horas tocará o grupo Carta de Ajuste na Praza Conde de Fontao e o DJ Popy García estará xunto á praia da Rapadoira.

E o domingo, 2 de agosto, actuará o grupo Pablo Balseiro ás 13:30 horas no paseo da praia da Rapadoira e ás 21:30 horas na Praza Conde de Fontao.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: