Skip to main content
ActualidadeVilalba

Controlados os tres gromos de coronavirus na provincia

Por 3 Agosto, 2020Sin comentarios

A provincia de Lugo, igual que Galicia e o resto de España e do mundo, continúa a loitar contra a pandemia do coronavirus. Aínda que o coronavirus segue presente, agora mesmo os diferentes gromos que se producen están controlados. O primeiro, na Mariña, que fixo chegar a cantidade de contaxios ata os 200 xa está neutralizado 36 casos, a maior parte cunha sintomatoloxía leve e dous ingresados. Pola súa banda, Vilalba tamén contou co seu gromo que malia o susto inicial quedou concentrado nunha única familia con seis persoas afectadas, dúas delas na parroquia de Cabreiros, en Xermade.

O mesmo pasou no Saviñao e malia que continúan aparecendo pequenos casos as altas seguen aumentando con controis exhaustivos en familiares e contactos dos afectados. A boa nova é que non se produciu na provincia ningunha morte neste tempo de reputas e hai tres ingresados. A maior parte destas repuntas estanse dando tras reunións familiares a través da xente moza.

Agora mesmo na provincia hai 71 casos activos, tres deles hospitalizados (dous na Mariña e 12 1 no Hula). As altas chegaron ata as 1.190 e o total de casos acumulados no tempo é de 1.289. Os falecementos seguen estables en 28.

En Galicia a situación é moi similar e contan con 359 casos activos xa que non só hai repuntas en Lugo, o que fai aumentar de novo o número de contaxios.

Deles 143 son da área da Coruña, 71 da de Lugo, 26 da de Ourense, 28 da de Pontevedra, 64 da área de Vigo, 24 da de Santiago, e 3 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 15 en unidades de hospitalización e 343 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.307 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

En crecemento tamén están en España aínda que os expertos aseguran que están controlados os contaxios cun seguimento dos contactos e peches puntuais por zonas ou confinamentos. Polo de pronto estanse dando situacións de preto de mil casos novos cada xornada.