Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Elena Sierra demanda ao Goberno local a posta en marcha do ascensor panorámico de Ribadeo

Por 4 Agosto, 2020Sin comentarios

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, demanda ao goberno local do BNG “a apertura do ascensor panorámico de Ribadeo que leva sete meses parado”.

A popular lamenta que “despois dun investimento de 1,4 millóns de euros o ascensor panorámico de Ribadeo se atope actualmente sen actividade e sen vésperas de abrir este verán”.

Sierra critica que “antes, ao equipo de goberno se lles enchía a boca falando do ascensor: ascensor para arriba e ascensor para abaixo; pero, agora, nin para arriba nin para abaixo”. 

A popular explica que “este ascensor é o punto de unión entre o Porto e o casco histórico ribadense”; pero tamén é “un importante punto de interese turístico” con vistas á ría de Ribadeo.

A vicevoceira do PP lamenta, neste sentido, “a imaxe que ofrece o goberno local do BNG sen interese por resolver os problemas e contribuír a dar unha boa imaxe de Ribadeo”. Sierra insta ao señor Suárez a poñer en marcha o ascensor para que tanto veciños coma turistas poidan facer uso desta instalación.