Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O PP de Viveiro destaca as achegas para as obras de mellora da rúa Arribada

Por 4 Agosto, 2020Sin comentarios

A renovación dos servizos e do pavimento dunha rúa é sempre unha boa noticia para a poboación na que se levan a cabo as obras, aínda que, durante a súa execución, provoquen algunhas molestias. En Viveiro, din os concelleiros do grupo municipal popular, “é unha boa noticia a da próxima reforma da rúa Arribada, que se poderá levar a cabo grazas ao Fondo de Compensación Ambiental da Xunta”.

As obras en Arribada foron adxudicada por un importe de 77.561 euros á empresa Carferlo que dispón dun prazo de tres meses para rematar as obras. A intervención corre por conta, na maior parte, da Xunta que achega o 90% do orzamento da man do Fondo de Compensación. O resto é aportación do Concello de Viveiro.

Os concelleiros populares destacan que “a práctica totalidade do orzamento procede do Fondo de Compensación” e agradecen á Xunta esta aportación para unha obra que mellorará a calidade de vida dos veciños que residen na propia Arribada e de todos os que teñen que transitar por esta vía.

As obras inclúen a renovación da rede de subministro de auga e do saneamento, así como o soterramento do cableado eléctrico. 

O novo pavimento da rúa será de losetas de granito gris abullardado, é dicir, co mesmo criterio do utilizado para o resto do núcleo de Celeiro.