Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Nova parada nas negociacións de Alcoa sen chegar a acordos

Por 5 Agosto, 2020Sin comentarios

A última hora das negociacións entre Alcoa e o comité de empresa para evitar o despedimento de 534 traballadores da empresa cervense falan novamente de falta de acordo entre as dúas partes.

José Antonio Zan, presidente do comité de empresa, comunicou agora pola mañá que “estivemos toda a noite esperando para que nos entregaran a acta para poder facer correcións e resulta que nola entregaron ás 8 da mañá. É agora nos din que a empresa escapouse para ir facer as súas cousas e que volverán sobre as 13 horas para reunirse con nós”.

“Mentras tanto levamos aquí máis de 28 horas secuestrados sen poder movernos, co que conleva que é moi difícil negociar cunha multinacional que trae un equipo e que ao final estamos sós e abandonados polas administracións. Moitas advertencias e moitos ultimátuns pero Alcoa segue facendo o que lle da a gana e niguén os pon no seu sitio. O Goberno dixo fai semanas que lle daba un ultimátum para que rectificara e vendera a empresa pero resulta que Alcoa segue facendo oídos xordos e o principal para eles é parar as cubas e aplicar un ERE ou un ERTE, dalle igual, porque sabe que parando as cubas faría un despedimento en directo ou en diferido, é o final nós atopámonos sos”, engadiu.

“O Goberno comprometeuse a ter unha reunión con nós antes do día de onte e deixonos tirados e se Alcoa quixera xa estaría vendida a planta en lugar de seguir cun proceso de ERE que lle vai costar diñeiro aos contribuíntes, o cal é vergoñento”, rematou dicindo Zan á espera da última reunión deste mediodía.

Ante a situación de emerxencia e os novos acontecementos o comité de empresa de Alcoa desconvocou a mobilización preparada para hoxe no restaurante Os Robles.