Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Comeza unha nova xornada de negociacións

Por 6 Agosto, 2020Sin comentarios

O comité de empresa de Alcoa e os seus directivos volveronreunirse esta mañá restaurante Os Robles de Lugo,

A nova xornada de hoxe comezou cos traballadores mobilizandose ante a chegada dos representantes da empresa estadounidense. Ante a situación, os enviados por Alcoa marcháronse e non regresaron polo aínda.

Así, o comité de empresa está a continuar coa ardua tarea da lecturae corrección da acta, posto que non hai acordo aínda.

Por outra banda, a reunión programada para onte ás 20.30 no que participarían UGT, CCOO, CIG, Xunta de Galicia, Goberno, Alcoa e Liberty House, foi desconcertante posto que a dirección da empresa non asistiu.

Unha vez rematado o encontro os seis participantes amosaron o seu compromiso de seguir traballando para acadar que o proeso de compravenda teña as certezas necesarias para facerse efectiva.

Segundo, José Antonio Zan, “a empresa non di nada de momento, pero esto é unha vergoña, onte non compareceron coa Ministra, hoxe non aparecen a asinar a acta de desacordos.”

Paulo Carril, membro do comité de empresa da CIG, dicía que espera “que a multinacional baraxe a posibilidade de prorrogar en seis semanas o proceso”. Este novo prazo serviría para reiniciar o proceso de venda no que tan só estaría Liberty House.