Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

En dúas semanas Alcoa decidirá o futuro da planta cervense

Por 7 Agosto, 2020Agosto 10th, 2020Sin comentarios

A empresa estaounidende deu por concluidas e rotas as negociacións de onte Alcoa cos sindicatos sobre o despedimento de 534 traballadores da fábrica de aluminio.

A reunión que ía comezar ás 10 da mañá para continuar coas negociacións coa chegada dos representantes de Alcoa nunha furgoneta, non puido ser pois foron recibidos por unha chuvia de ovos e deron media volta. Esta situación provocou o enfado do comité e que a reunión non comezase ata ás 11.30 horas.

Desde Alcoa lamentan que todas as alternativas propostas fosen rexeitadas polo comité e agora contan con 15 días para comunicar a súa decisión de executar ou non o despedimento, aínda que a acta segue pendente de ser asinada.

Liberty House trasladou esta semana na reunión mantida coa Xunta que necesita un prezo competitivo para o próximos tres anos de facerse coa factoría cervense.

Pola súa banda, o comité pediu unha prórroga de seis semanas do período de consultas para que se facilite o proceso de venda da planta de San Cibrao.

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, trasladou o “apoio aos traballadores de Alcoa e das auxiliares que hoxe venres se manifestan en Santiago de Compostela para defender os seus postos de traballo e a produción de aluminio na Mariña”.

Maite Ferreiro sinalou que “os últimos acontecementos, coa actitude de Alcoa nas negociacións do Ere, demostran que a única solución para que as cubas non paren é intervir a empresa”. Neste senso,  lembrou que o Pleno provincial aprobou unha moción na que se reclama a intervención da multinacional, que pretende deixar na rúa preto de 1000 traballadores.

“O Goberno do Estado e a Xunta teñen que aclarar xa de que lado están, do lado dos traballadores, do futuro da Mariña, ou do lado da empresa”, concluíu.