O BeOne Rugby de Ribadeo ofertará escolas municipais

O inicio da tempada no rugby está por definir, a incerteza que rodea á actual situación sanitaria fixo que a Federación Española atrase o inicio das competicións ao seu escenario 2, pasando de 20 de setembro ao 11 de outubro o arranque das ligas de División de Honra e por tanto o das ligas rexionais e de categorías inferiores.

Tamén a regulamentación de Escolas de Rugby, a que comprende as categorías de sub6 a sub12 sufriu modificacións, con cambios no regulamento que favorece o rugby de movemento e trata de inculcar nos mozos xogadores a procura do espazo e a evasión do contacto.

Baixo este novo enfoque o BeOne Ribadeo expúxose ser ambicioso nesta inusual tempada na que “ o novo regulamento de Rugby Escolar, unido ao plan de desescalada para a volta á competición que nos marca a FER, no que o rugby de contacto non se inicia ata o mes de xaneiro, permite achegar ás familias cun enfoque diferente, un deporte de contacto pero baseado na evasión e a procura do espazo. A iso engadindo que se abre a posibilidade de practicalo en espazos pechados, como pavillóns ou polideportivos. Aínda que buscarán primar que se practique ao aire libre e en céspede, buscaremos alternativas para os días de inverno onde as condicións climatolóxicas sexan adversas”, di o seu director Deportivo, Guillermo Fdez.

Á escola Municipal de Ribadeo, que iniciará a súa cuarta tempada, únense a que se ofertará en Barreiros, Foz e Burela, e súmase a de Viveiro, onde o Club Asterix leva dous anos traballando e con quen existe unha boa sintonía, desta maneira a intención é, a partir de xaneiro xogar a diario de concentración un torneo en cada un destes puntos e finalizar en xuño cunha festa de Rugby Praia. Unha gran aposta pola base que permitirá seguir alimentando os equipos de competición do BeOne Rugby.

Esta semana confirmouse a actividade de deporte escolar no Principado de Asturias, onde BeOne xoga os Xogos escolares en todas as súas categorías. Sendo competitivas as de sub14 e sub16 en formato Rugby Olímpico (Seven) e onde vén facendo moi bo papel os últimos anos.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: