Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A casa da cultura de San Cibrao acolle unha exposición sobre Medio Ambiente

Por 9 Agosto, 2020Sin comentarios

A casa da cultura de San Cibrao, a través da delegación de Medio Ambiente que dirixe Mali Méndez, acolle ata o vindeiro 4 de setembro unha mostra que leva por título Cambio climático. O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción.

A exposición itinerante, formada por 19 paneis,  está producida polo CEIDA e INEGA (Instituto Enerxético de Galicia), coa colaboración da Consellería de Innovación e Industria (Xunta de Galicia), a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (Xunta de Galicia), o Ministerio de Medio Ambiente, a Alianza del Clima e a Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea.

Tal e como explicou Méndez, con esta mostra o que pretendemos é facer un chamamento á reflexión e promover e estimular no visitante comportamentos comprometidos co medio.

A subida do nivel do mar, as vagas de calor, tormentas, inundacións, …son algunhas das consecuencias, que por todo o planeta, provocará o cambio climático; e que se recollen dun xeito moi gráfico nesta mostra que pretende afondar nesta grave problemática ambiental e nas súas causas e consecuencias a nivel global, e especificamente en Galicia.