Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Foz programa actividades de cultura na rúa ata este domingo

Por 12 Agosto, 2020Sin comentarios

 O Concello de Foz programa dez actividades de Cultura na Rúa desde hoxe e ata este domingo día 16.

Hoxe mércores, ás 21:00 horas no Colexio Nº 1 terá lugar outra representación de teatro infantil. Neste caso será Caramuxo Teatro coa obra Pavillón Lino.

O xoves, día 13, haberá autocine no aparcadoiro Valle Inclán ás 22:30 horas. Proxectarase a película María Solinha.

Para o venres 14 están programadas dúas actividades: un concerto de música barroca francesa, dentro das actividades do Festival Bal y Gay, na igrexa de Foz ás 21:00 horas; e cine na explanada da igrexa de San Acisclo, onde se proxectará a película Lo nunca visto ás 22:30 horas.

O sábado 15 tamén haberá dúas actividades: ás 13:30 horas nos xardíns do Campo da Cabana actuará o grupo Caldo e ás 21:30 horas na Praza Conde de Fontao terá lugar un concerto do grupo Best Boy.

E o domingo 16 ás 13:30 horas no Paseo da Rapadoira actuará de novo Best Boy, ás 20:00 horas na Casa da Cultura proxectarase o documental Dancing Beethoven, dentro do Festival Bal y Gay, e ás 21:00 horas no Paseo da Ribeira haberá un concerto do grupo Gancho Sanches.