Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Aberto o prazo para anotarse ao Roteiro Botánico por Burela

Por 13 Agosto, 2020Sin comentarios

Aberto o prazo de inscrición para o Paseo Xeolóxico en Foz que será o domingo 16 de agosto, dentro do programa A Mariña en Ruta de A Mariña lucense turismo

Así, o 16 de agosto hai unha gran oportunidade de aprender da man de Fran Canosa, Licenciado en xeoloxía pola Universidade de Salamanca e Doutor en xeoloxía pola Universidade de Oviedo.

O Roteiro Botánico é de 4,35 km e de trazado circular. Este roteiro é unha mui boa oportunidade para coñecer as plantas e animais que habitan os montes de Burela e, de paso, disfrutar da natureza facendo deporte. As especies máis representativas destes ecosistemas forestais, son o eucalipto (en distintas variedades), especie mui común na Mariña e outras árbores coma o piñeiro e a acacia. Ademais coñeceremos varias especies herbáceas que, na súa maioría son usadas como plantas medicinais. A fauna máis representativa son as aves forestais, coma o miñato, o gaio, o merlo ou o corvo pequeño. Así coma reptís, anfibios e insectos relacionados con estes ecosistemas.

A camiñata dará comezo ás 10.00 horas na Zona Vila do Medio de Burela e é unha camiñata sinxela, con algunha que outra pendente. De desnivel medio pero de pouca distancia, o que non supón moita dificultade. Na súa maioría o trazado é por pista forestal con firme irregular nalgúns puntos, pero sin obstáculos importantes e sin zoas húmidas.

É aconsellable usar roupa e calzado cómodo, gorra e crema solar ou chaqueta impermeable, levar auga, prismáticos e en caso de ter algún libro de fauna (aves, insectos) ou flora. Existen 25 prazas dispoñibles.