Skip to main content
ActualidadeBarreirosSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Barreiros Convídate, a oferta cultural do Concello para agosto e setembro

Por 13 Agosto, 2020Sin comentarios

Daniel García, concelleiro de dinamización, e Montse Porteiro, concelleira de igualdade, presentaron o programa Barreiros Convídate, programa de actividades co que dende o Concello de Barreiros se pretende reactivar a oferta cultural do municipio.

A programación para os vindeiros meses de agosto e setembro contará con actividades de diversos tipos como cine ao aire libre, actuacións musicais, teatro e contacontos repartidos por diversas parroquias do municipio.  Estes espectáculos estarán dirixidos a todos os públicos e contarán cun número importante de actividades ao aire libre no que se pretende, según o concelleiro de dinamización e participación veciñal, facer das prazas un lugar de encontro seguro e lúdico ao mesmo tempo.

Quico Cadaval, Charo Pita, Cándido Pazó, Oliver Laxe, Amador Arias e artistas locais e comarcais completan o elenco desta programación

As actividades comezaron o pasado día 3 de agosto coa proxección da película María Solinha de Ignacio Vilar, “todo un éxito de público e crítica”, según o concelleiro Dani García, que tamén recalca que serán actos que cumplirán con tódalas medidas sanitarias vixentes.

Neste mes de agosto, haberá actuacións musicais e cine ao aire libre sendo todas as actividades no exterior (sempre que as condicións metereolóxicas o permitan) entre as que destaca a proxección do filme “O que arde” coa presenza de Óliver Laxe e Amador Arias.

Setembro será un mes adicado ao teatro con, entre outras, dúas actuacións de renome como “Memorias dun neno labrego” de Cándido Pazó e a obra “Cadaval conta.. vacas, guerras, porcos e cregos” de Quico Cadaval.

Estas actividades son financiadas con fondos propios do Concello e tamén con axudas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, así como a colaboración da área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo e os programas Agadic e Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.