Skip to main content
ActualidadeBarreirosSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Quinteto Invento ofrecerá a súa versión dun popular conto musical en Barreiros

Por 14 Agosto, 2020Sin comentarios

O sábado 15 de agosto, Quinteto Invento ofrecerá a súa versión do popular conto musical Pedro e o Lobo de Serguéi Prokófiev. O concerto terá lugar na Praza do Concello de Barreiros ás 12:00h.

Este concerto está englobado dentro do VII Festival Bal y Gay, un festival que se desenvolve estes días en varios concellos mariñáns.

Pedro e o lobo é sen dúbida un dos espectáculos musicais didácticos máis populares, Invento propón achegar esta historia desde a súa versión orixinal para orquestra á formación de quinteto. Mantendo a esencia e os obxectivos principais do concerto, ofrecendo unha versión reducida en intérpretes pero máis atractiva e próxima visualmente, utilizando máscaras e elementos decorativos, e realizando coreografías.

Miles de nenas e nenos puideron gozar xa desta aventura en lugares de como o Palacio da Ópera, o Museo de Arte Contemporánea e o Colexio Obradoiro (A Coruña), o Liceo de Betanzos ou o Hospital Clínico de Santiago de Compostela.

Terá lugar na Praza do Concello ás 12:00 horas e, en caso de que o tempo non acompañe, trasladaríase ao Centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro