Skip to main content
A PontenovaActualidadeSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Recollerán doazóns de sangue na Pontenova o mércores

Por 17 Agosto, 2020Sin comentarios

A unidade móbil de doazón de sangue estará o mércores 19 de agosto no Concello da Pontenova, concretamente na praza dos Fornos para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre ás 16.30 e as 21.00 horas.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorazar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou sen su caso tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número 900.10.08.28.