Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Mariña Patrimonio organiza unha charla de Álvaro Crego sobre toponimia

Por 18 Agosto, 2020Sin comentarios

Mariña Patrimonio continúa co ciclo de conferencias online, que iniciou o pasado mes de maio, organizando con Álvaro Crego unha charla sobre a nosa toponimia.

“E logo ti de onde vés sendo? Galicia Nomeada: toponimia colaborativa” é o suxestivo título da charla que se poderá  seguir na canle de Facebook de Mariña Patrimonio o vindeiro xoves 20 de agosto a partir das 19.30 horas.

Álvaro Crego, colaborador do proxecto Galicia Nomeada, unha iniciativa da Real Academia Galega para documentar a enorme riqueza toponímica de Galicia, adianta que o seu relatorio centrarase na importancia de preservar un patrimonio cultural único no mundo: a riqueza toponímica da nosa terra e dos nosos mares.

Tamén se falará sobre os factores que motivaron esta enorme riqueza e explicarase a mecánica para a recollida dos topónimos a través da aplicación da RAG, Galicia Nomeada.