Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os traballadores de Alcoa foron informados das negociacións para o futuro da planta

Por 18 Agosto, 2020Agosto 19th, 2020Sin comentarios

Os traballadores de Alcoa reuníronse en asamblea co comité de empresa para escoitar de primeira man o estado das negociacións dos sindicatos coa patronal así como o acordo de venda entre Alcoa e Liberty House.

Os traballadores foron informados de que Alcoa ampliou o período de consultas do ERE ata o próximo 27 de setembro abrindo así seis semanas nas que Alcoa negociará co grupo Liberty unha posible venda da planta de aluminio (a de alúmina queda excluída). De que se realice a venda depende o futuro dos 534 traballadores afectados polo ERE e os ao redor de 400 de auxiliares.

Mentres non se peche o acordo os traballadores manterán as súas mobilizacións para forzar un acordo.
Por outra banda, lembraron que a proposta de compra de Liberty House inclúe a posta en marcha dunha planta de coxeneración coa que producir enerxía verde para facer aluminio, o que xeraría uns mil postos de traballo máis para os dous próximos anos.

Por agora non hai data para a reunión da mesa multilateral na que Goberno central, Xunta, sindicatos e representantes do comité fiscalizarán a negociación que leve a cabo Alcoa con Liberty.