Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Recomendan non bañarse nas praias de Ril e O Cantiño en Burela

Por 18 Agosto, 2020Agosto 19th, 2020Sin comentarios

O Servizo de Medio Ambiente do Concello de Burela informou a todas as persoas usuarias das praias de Ril e O Cantiño que, os Servizos Sanitarios da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, atoparon unha situación temporal de contaminación microbiolóxica das augas de baño con enterococos intestinais e Escherichia coli, dos referidos areais, polo que recomendan non bañarse en ditos arenais, ata que, previa avaliación e identificación das causas polas que se orixinou dita situación, se executen as medidas precisas para eliminar ou reducir ao mínimo a situación de contaminación descrita.

Representantes municipais acusan esta situación ás escorrentías producidas polas abundantes choivas destes últimos días.

“Unha vez que sexa solucionada a devandita situación temporal de contaminación microbiolóxica das praias de Ril e O Cantiño, informarase novamente ás persoas usuarias, tanto da eventual posibilidade de baño nas augas de ditos areais, como dos novos resultados da calidade das augas ofrecidos polos Servizos Sanitarios da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia”, indican.

Sinalan igualmente que, de acordo coa información que figura na web do Servizo Galego de Saúde (Sergas), os resultados dos controis analíticos das augas de baño das Praias de A Marosa e O Portelo/Cabaliño, teñen a cualificación de auga execelente para o baño, “e que polo tanto o mesmo non presenta risco ningún para a saúde humana”.