Skip to main content
ActualidadeOurolSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Ourol acolle a representación teatral ‘La Pimentera’

Por 20 Agosto, 2020Sin comentarios

O domingo 6 de setembro de setembro de 2020 terá lugar, ás 17.00 horas no Edificio Multiusos do Concello de Ourol, a representación teatral La Pimentera. Posteriormente realizarase un foro participativo onde as persoas asistentes terán a oportunidade de reflexionar sobre o papel da muller na sociedade actual.

Para dar cumprimento ás medidas de seguridade contra o Covid-19, será obrigatorio o uso de máscara e o aforo limitarase a 30 persoas.

Esta actividade enmárcase no Programa de actividades que teñen como finalidade o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero.