Skip to main content
ActualidadeBarreirosSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Arranxado o servizo de abastecemento de auga en Barreiros

Por 21 Agosto, 2020Sin comentarios

Desde primeira hora da mañá de hoxe atópase normalizado o subministro de auga dependente dosdepósitos de Cabarcos, A Rilleira e Vilamartín.

Na tarde de onte quedaba arranxada unha fuga de importancia (que segundo criterio técnico leva tempo producíndose) entre Cabarcos e A Rilleira e que impedía a chegada de suficiente auga á Rilleira.

Nestes momentos o persoal técnico traballa tamén en corrixir defectos de mantemento sen realizar desde hai máis dunha década que melloren a chegada de auga tamén a Cabarcos, ao desatascar as tubaxes.
Por este motivo, nos vindeiros días pode haber pequenas incomodidades na recepción da auga nesas zonas como a turbidez da mesma.