Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Cervo defende a calidade da auga dos seus areais

Por 21 Agosto, 2020Agosto 24th, 2020Sin comentarios

As augas de todas as praias do Concello de Cervo son aptas e seguras para o baño, segundo se mostra nos resultados dos diferentes análises efectuados nos últimos días.

O pasado 12 de agosto, debido ás chuvias torrenciais en toda Galicia, produciuse unha contaminación microbiolóxica que afectou a numerosas praias en toda a comunidade autónoma, incluída a Praia de Rueta.

Segundo afirma a Delegada de Medio Ambiente, Mali Méndez, “No momento no que se detectou dita contaminación, o Concello de Cervo colocou no areal un letreiro no cal se sinalaba a prohibición do baño. En canto a práctica do baño volveu ser segura, retirouse o cartaz e a actividade na praia volveu á normalidade”.

A concelleira recalcou que “o resto das praias do noso Concello no se viron afectadas pola contaminación, e ata o día de hoxe todos os análises feitos nos distintos areais son positivos”.