Skip to main content
A PontenovaActualidadeSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Impartirán un curso sobre aproveitamento resineiro na Pontenova

Por 21 Agosto, 2020Sin comentarios

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria e o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Muras de Ribadeo celebrarán na Pontenova unha acción de formación profesional co título O potencial resineiro nos piñeirais galegos.

Trátase dunha acción dirixida ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestl, ou con expectativa de incorporación, con especial atención á mocidade do medio rural galego.

O lugar de celebración será a casa da cultura da Ponte Nova, na parroquia do Sagrado Corazón. Terá unha duración de 19.30 a 21.00 horas o martes 25 de agosto.

Os interesados en participar poden inscribirse en informacion@foresin.es ou chamando ao 680 208 320 ou 982 342 277.