Skip to main content
ActualidadeLourenzáSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Non haberá merendas esta fin de semana en Lourenzá

Por 21 Agosto, 2020Sin comentarios

Un bando da alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, indica que o Concello non autorizará a realización de merendas na área recreativa de A Cazolga, tal e como se viña facendo por tradición durante a fin de semana do 21, 22, 23 de agosto, tal e como se viñan facendo por estas datas.

A alcaldesa explica que o Concello non pode garantir que se cumpran as medidas hixiénico-sanitarias aprobadas e publicadas pola Xunta de Galicia con respecto á crise ocasionada polo covid-19.