Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Foz licita a obra de dúas vías en Vilaronte

Por 22 Agosto, 2020Agosto 24th, 2020Sin comentarios

O Concello de Foz anuncia a licitación pública de obras de acondicionamento e renovación de firme de dous camiños na parroquia de Vilaronte. Trátase do vial 1C.1.1010 desde O Calvario a Espiñeirido, que conecta a estrada Ferreira – Foz coa estrada da Deputación á Espiñeira, por diante da área de O Castro, moi usada polos veciños. O outro camiño é o 1C.1.1061, que conecta o Carme coa estrada da Deputación LU-P-2003, na Cernada.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “as actuacións, consistentes na limpeza de cunetas e renovación de firme con aglomerado en quente, saen a contratación por un importe de algo máis de 54.000 euros. As obras inclúen a sinalización completa dos camiños, con sinais verticais e o pintado dos mesmos a ambas marxes. Son unhas obras moi demandadas, xa que os camiños encóntranse nun mal estado de conservación”.

O rexedor destaca que “estas actuacións son posibles grazas ao traballo responsable que está a facer o Concello co diñeiro público, que é de todos. Os fondos para estas actuacións proveñen do Plan Único 2019, procedente das baixas nas contratacións dos aglomerados que fixemos recentemente. É a primeira vez neste Concello que se usan as baixas do Plan Único para a execución de novas obras. Descoñecemos o que acontecía anteriormente coas baixas dos contratos ou por que non as había. Ademais do aglomerado destes viais, grazas ás baixas púidose renovar recentemente o alumeado na Rúa de Sarria. Traballando con seriedade e responsabilidade gañamos todos”.

As obras licitadas nestes dous viarios de Vilaronte executaranse ao longo do próximo mes de setembro.