Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Recolleranse doazóns de sangue o mércores en Burela

Por 22 Agosto, 2020Sin comentarios

A unidade móbil de doazón de sangue estará o mércores 26 de agosto no Concello de Burela para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo na praza do Concello entre ás 11.00 e as 14.00 horas e de 17.30 a 21 horas.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorazar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou sen su caso tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número 900.10.08.28.