Skip to main content
A PontenovaActualidadeLourenzáMondoñedoRibadeoSecciones TerraCháXATrabadaZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Continúan dende o luns os roteiros de A Mariña en ruta

Por 23 Agosto, 2020Agosto 24th, 2020Sin comentarios

Esta semana seguirán os roteiros de A Mariña en ruta, organizados pola Mancomunidade. Nesta ocasión achegaranse ata Trabada, Mondoñedo, A Pontenova, Ribadeo e Lourenzá. Serán do 24 ao 28 de agosto.

O luns, día 24, terá lugar un roteiro pola Fraga da Vilapena, en Trabada, que será guiado por Óscar Chao. Trátase dunha ruta de interpretación dun bosque húmido cantábrico. Será unha iniciación á busca e interpretación de indicios de presenza de fauna silvestre (pegadas, excrementos, depredación, etc). Durante a ruta os asistentes poderán observar a flora atlántica característica dun bosque húmido, así como comprobar a presenza de diferentes especies animais, normalmente esquivas e de hábitos nocturnos, a través de cámaras de foto-trampeo.

Municipio: Trabada.

Data: 24 de agosto do 2020.

Hora de inicio: 10:00 horas.

Duración: 2 horas e media.

Lugar de inicio: Vilapena (Trabada). Coordenadas: 43.408785, -7.219400

Dificultade: Media.

Observacións: A organización recomenda levar auga, crema solar e repelente de insectos. Suxírese levar roupa axeitada, con pantalón longo e botas de montaña. Debido á situación sanitaria derivada do SARS-Cov2, ofrecerase material de consulta e información da ruta para descargar a través de código QR, polo que se o desexan deberán ter instalada nos seus dispositivos unha app de lectura de códigos.

Prazas dispoñibles: 15.

O martes, 26 de agosto, desenvolverase a ruta pola Fraga Vella, en Mondoñedo, que tamén será guiada por Óscar Chao. Este é un roteiro de interpretación de ecosistemas característicos da Serra do Xistral. Trátase dunha ruta de iniciación á busca e interpretación de indicios de presenza de fauna silvestre (pegadas, excrementos, depredacións, etc). Os participantes terán a posibilidade de observar turbeiras húmidas e a súa flora asociada, manadas de cabalos salvaxes, bosques de acivros… e poderán comprobar a presenza de diferentes especies animais, normalmente esquivas e de hábitos nocturnos, a través de cámaras de foto-trampeo.

Municipio: Mondoñedo.

Data: 25 de agosto del 2020.

Hora de inicio: 10:00 hs.

Duración: 2 horas e media.

Lugar de inicio: Parroquia de Estelo (Mondoñedo). Coordenadas: 43.435157, -7.430200.

Dificultade: Media.

Observacións: Recomendable levar binoculares, crema solar e repelente de insectos. Suxírese levar roupa axeitada, con pantalón longo e botas de montaña, e auga. Debido á situación sanitaria derivada do SARS-Cov2, ofrecerase material de consulta e información da ruta para descargar a través de código QR, polo que se o desexan deberán ter instalada nos seus dispositivos unha app de lectura de códigos.

Prazas dispoñibles: 15.

Para o mércores, 26 de agosto, está programada a Xeoruta do Ferro, na Pontenova, que será guiada por Francisco Canosa. Falar da Pontenova é falar de ferro, unha intensa actividade mineira foi no seu momento o gran motor económico desta parte da Mariña lucense. Esta Xeoruta do Ferro achegará aos asistentes á orixe das rocas que forman este lugar, así como cando, como e porque se acumulou tal cantidade de ferro nas montañas da Pontenova.

Municipio: A Pontenova.

Data: 26 de agosto do 2020.

Hora de inicio: 10:00 horas.

Duración: 3 horas.

Lugar de inicio: Fornos da Pontenova (O Pontenova).

Dificultade: Media.

Observacións: Uso de roupa e calzado cómodo. Gorra e crema solar ou chaqueta impermeable (roupa acorde coa meteoroloxía do día). Auga.

Prazas dispoñibles: 15.

O xoves, día 27, será a ruta por Rinlo, o paraíso por Ribadeo. Os encargados de guiala serán Pedro Rolle e Guido Álvarez. Trátase dun roteiro de trazado circular, no que as persoas que acudan gozarán da fauna, da flora e da historia de Rinlo. Situado no litoral lucense, o pobo de Rinlo é un dos poucos que conserva a súa costa tal e como a tiña hai un século. De carácter predominantemente mariñeiro, foi transformando a súa economía cara ao turismo. Son innumerables os tesouros que encerra este pequeno e acolledor pobo costeiro. É un antigo porto baleeiro, ten as cetarias naturais máis antigas da península. E ademais conta cos Ollos, formacións xeolóxicas naturais, precursoras dos arcos que se observan na praia de As Catedrais.

Municipio: Ribadeo.

Data: 27 de agosto del 2020.

Hora de inicio: 10:00 horas.

Duración: 3 horas e media.

Lugar de inicio: Aparcamento. Coordenadas: 43°38’30.5″N 7°06’20.2″W

Dificultade: Baixa.

Observacións: Uso de roupa e calzado cómodo (non fai falta impermeable, non se vai andar por zonas encharcadas). Gorra e crema solar (zona de montaña aberta). Auga. Prismáticos e en caso de ter algún libro de fauna (aves, insectos) e/ou flora.

Prazas dispoñibles: 25.

E o venres, 28 de agosto, terá lugar unha ruta por Lourenzá, a terra do Conde Santo, que tamén guiarán Pedro Rolle e Guido Álvarez. Este será un roteiro circular de 3´6 quilómetros. Lourenzá é famosa por un tesouro culinario: a faba de Lourenzá. Situada entre os municipios de Barreiros e Mondoñedo, alberga no seu patrimonio xoias do barroco, mosteiros, pazos, etc. Ademais do Camiño Norte de peregrinación a Compostela. Por ser terra de labradores e estar máis influenciada polo mar (máis que outros municipios do interior da Mariña Lucense) a súa flora e fauna son moi diversas. Natureza, historia e patrimonio xúntanse neste roteiro, para facer dela unha das máis completas da comarca.

Municipio: Lourenzá.

Data: 28 de agosto del 2020.

Hora de inicio: 10:00 horas.

Duración: 3 horas.

Lugar de inicio: Praza Linares Rivas, Travesía da Mariña 1 (Lourenzá).

Dificultade: Baixa.

Observacións:  Uso de roupa e calzado cómodo (non fai falta impermeable, non se andará por zonas encharcadas). Gorra e crema solar (zona de montaña aberta). Auga. Prismáticos e en caso de ter algún libro de fauna (aves, insectos) e/ou flora.

Prazas dispoñibles: 25.

Desde a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense lembran que os prezos dos roteiros son: 5 euros individual / 8 euros parella / 12 euros familiar ou grupo ata 5 membros.

A Mariña en Ruta é unha iniciativa da Mancomunidade que se realiza coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia e, para a súa promoción, da Deputación de Lugo.