Skip to main content
Actualidade

Dous gromos novos soben a 305 os casos activos de coronavirus na provincia

Por 23 Agosto, 2020Sin comentarios

A provincia de Lugo remata a semana con 305 casos activos activos de coronavirus, 27 máis que onte e 50 máis que o venres. Atendendo a casos novos serían 70 máis nos últimos dous días.

Ao mesmo xeito, aumenta tamén o número de falecidos, cunha defunción máis na residencia de maiores do Incio, onde se deu o último brote con 58 usuarios afectados e 8 traballadores. Deste xeitos, son xa 32 os falecementos por coronavirus acumulados na provincia de Lugo dende o inicio da pandemia.

Tamén aumentou o número de persoas ingresadas, que xa son 5 e segue unha  máis na UCI. Todos eles están no Hula.

Así, a provincia chega aos 1.625 contaxiados ata a data de hoxe con 1.289 altas.

Tamén nos últimos días foron detectados máis casos no gromo detectado en Monforte e o Incio, que están relacionados e xurdiron dous novos, un nun cámping de Barreiros con afectados polo momento membros dunha única familia, e outro en Lugo, entre os asistentes a unha festa nunha discoteca o pasado día 15, que xa conta con 13 positivos.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.306 deles 1.207 son da área da Coruña, 304 da de Lugo, 203 da de Ourense, 120 da de Pontevedra, 154 da área de Vigo, 212 da de Santiago, e 106 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI (dous máis que onte), 66 en unidades de hospitalización (tres máis) e 2.230 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.889 persoas curadas, rexistrándose 632 (1 máis que onte) falecementos.

Deste xeito, a comunidade suma 158 casos máis. Nas residencias de maiores a incidencia aumentou nun caso, un profesional mentres o número de usuarios, agás a defunción, mantense estable.